11 de mar. de 2024
Dálle! Abrimos novo prazo ordinario de inscrición
27 de dec. de 2023
En Directo Nos Barrios
Os Locais de Ensaio do Concello da Coruña comezarán 2024 activamente, retomando o formato de exhibición dos seus grupos residentes "En Directos nos Barrios". Trátanse de concertos, formato showcase, para dar a coñecer o traballo de novas propostas musicais da cidade.
18 de out. de 2023
Listaxe definitivo de grupos admitidos
Os grupos admitidos serán convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios.
As solicitudes enviadas unha vez rematou o prazo ordinario de inscrición, e até a apertura do novo proceso de inscrición en marzo, serán tratadas por orde de envío, ofertando os horarios que queden dispoñibeis tras escoller os grupos que presentaron a documentación en prazo.
4 de out. de 2023
Listaxe provisional de grupos admitidos
A continuación publicamos as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 23 de outubro:
Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requerida ao enderezo de e-mail: xuventude@coruna.gal.De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com.
Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada nas bases de convocatoria, requerindo a presenza dun/dunha representante de cada proxecto musical inscrito. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude fora enviada unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios todavía non asignados.
17 de set. de 2023
Un espazo onde conectar!
Desde este luns, 18 de setembro, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos actualmente na cidade son os 2 únicos requisitos para desfrutar das 3 horas semanais de ensaio que se ofertan por grupo. A documentación requerida deberá enviarse ao enderezo de e-mail xuventude@coruna.gal.
O prazo ordinario de inscrición rematará o 1 de outubro. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a aplicarse a partires do 23 de outubro. Ás inscricións que se envíen fóra de prazo asignaránselles, por
orde de recepción, os horarios que queden dispoñibeis unha vez remate esteproceso ordinario.
Os novos grupos residentes terán a posibilidade de desenvolver, de balde, o seu proxecto musical nun espazo totalmente equipado, podendo gravar as súas composicións no estudio, depurar a súa imaxe corporativa, gañar experiencia enriba dun escenario en eventos e festivais, e recibir o apoio que precisen con titorias específicas para cada proxecto.
26 de xuño de 2023
Directos no Castelo 2023
Serán 3 os grupos usuarios dos Locais de Ensaio do Concello da Coruña que participarán nesta ocasión: Batiscafo, Hundred Fires e Revel Velvet. Se ben todos estes proxectos parten da etiqueta Pop-Rock, cada un deles mostrará enriba do escenario os matices que os definen.
Para acceder ao evento como público, só hai que descargar os convites que están á disposición de toda a cidadanía en coruna.gal/mocidade. A capacidade do emprazamento estará limitada.
18 de abr. de 2023
Listaxe definitivo de grupos admitidos
Os grupos admitidos serán convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios.
As solicitudes enviadas unha vez rematou o prazo ordinario de inscrición, e até a apertura do novo proceso de inscrición en setembro, serán tratadas por orde de envío, ofertando os horarios que queden dispoñibeis tras escoller os grupos que presentaron a documentación en prazo.