• Preparando o verán

    Novo obradoiro para adquirir dinámicas profesionais no mundo da música.

  • Aberto novo prazo de inscrición

    Ábrese un novo prazo de inscrición para optar a unha das 48 prazas de ensaios dispoñibeis para os vindeiros 6 meses.

  • Festival Solidario Coruña En Directo XI

    Podes recoller as invitacións no Centro Municipal de Información Xuvenil do Fórum Metropolitano, nos propios Locais, ou no acceso ao auditorio do Centro Ágora o día dos concertos, a partires da apertura de portas (18.30 h).

  • Volume 6

    Volume 6 é unha intensa mirada ao traballo realizado no noso estudio de gravación durante o 2016, logo de meses previos de ensaios.

4 de maio de 2011

Obradoiro de Scratching


Moita xente pensa que é fácil a tarefa dun DJ. Obviamente, non só están a pinchar cancións unha detrás doutras, senón que se teñen que concentrar e posuíren coñecementos de métrica musical, de tempo e de como poden manipular o son ou o ritmo dunha gravación facendo Scratching, Backspinning, beat-juggling, ...

Sonderskooler e Whizcutz son dous membros da DJ-Crew Cut´zN´Mouse (Mannheim, Alemaña) e conducirán este obradoiro en que explicarán os conceptos basicos do DJing parándose nas diversas técnicas de Scratching, ademais de nos presentaren as posibilidades que o universo dixital abre neste campo.

Sonderskooler é un versatil DJ que traballa na Vibra DJ School en Heidelberg, Alemaña, e adoita realizar obradoiros para xente de todas as idades e niveis musicais, ademais de actuar en concertos en directo; mentres que Whizcutz é un compositor, técnico de son e produtor inmerso nunha gran multitude de proxectos musicais, que o levan desde a tocar en directo cun grupo de Jazz electrónico até facer os seus propios remixes.

Este obradoiro está deseñado para calquera persoa interesada no tema, non tes que ser DJ para o aproveitares. Vai ter lugar o sábado 21, ás 11.00 h, no Espazo de Iniciativas Xuvenís (rúa Matadoiro, 68, preto da Domus). E, como sempre, é de balde! Só tes que te inscribires.



Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive