• Novos obradoiros

    Remataremos a presente quenda semestral retomando as actividades formativas dos Locais de Ensaio con dous novos obradoiros.

  • Aberto novo prazo de inscrición

    Ábrese un novo prazo de inscrición para optar a unha das 48 prazas de ensaios dispoñibeis para os vindeiros 6 meses.

  • Festival Solidario Coruña En Directo XI

    Podes recoller as invitacións no Centro Municipal de Información Xuvenil do Fórum Metropolitano, nos propios Locais, ou no acceso ao auditorio do Centro Ágora o día dos concertos, a partires da apertura de portas (18.30 h).

  • Volume 6

    Volume 6 é unha intensa mirada ao traballo realizado no noso estudio de gravación durante o 2016, logo de meses previos de ensaios.

13 de xul. de 2012

Volume 2


Xa tedes á vosa disposición o ansiado "Volume 2" con temas gravados no estudio dos locais de ensaio por grupos usuarios das instalacións.

Como xa se comentou en rolda de prensa o pasado 6 de xullo, consta de 10 temas que percorren un amplo abano de estilos, desde o Folk de Os da Troula até o Pagan-Metal de Fouce, pasando por sons máis achegados ao Blues (Akupuntura), o Rock de Carretera Comarcal e Crossroad, o Metal de Avézar, Warning!, Tolemia e Shinnen, ou a proposta máis acústica a cargo de Almakoa.

A edición consta de 1000 Cd´s a retirar de balde nos propios Locais de Ensaio da Concellaría de Xuventude, e nas vindeiras datas no CMIX do Fórum Metropolitano e máis na rede de Bibliotecas Municipais.

Share:

10 de xul. de 2012

Resumo do METALCAMP 2012

Logo das 23 horas de actividades musicais dentro do Coliséum que significou o METALCAMP 2012, deixámosvos un breve esbozo do que foi (para aqueles que non poidéchedes asistir) e de recordo (aos que sí estivéchedes e desfrutástedes do evento).

José Rubio deu unha MASTERCLASS (sí, en maiúsculas!) parándose en cada detalle técnico nas 3,5 horas que duraron as súas explicacións.

Logo das explicacións de Dani Pereira e Rafael Orge DJ ,o clinic rematou cunha Jam Session.

Jorge Pérez explicou en 2 sesións diversos conceptos técnicos que o músico medio soe descoñecer.

Da gusto cando un músico toca e se explica tan ben como Miguel Queixas.

Ademais, poidose xogar ao guitar/DJ Hero, usarse a sala de Jam Sessions e asistir ao obradoiro de Luthier dirixido por Toxo. Como prato final, o festival solidario En Directo xuntou a preto de 300 persoas na Sala O Túnel do Coliséum, con recadación a favor de Médicos Sin Fronteras.

Ruthless Deed foron os encargados de comezar. Descarga de Metal con toques de poesía.

Brewed mostraron, no seu concerto-presentación o Metal adrenalínico que levan dentro.


Rockers in Black moveron á xente co seu Hard Rock clásico.


After All deron todo un show!.


Os Man City Blue deixaron o escenario como se pasara un tornado.


They´re Random Persé!


E a proposta máis tranquila da noite, a cargo de Almakoa, fixo que a xente marchara cun bo sabor de boca.


Desde a organización, agradecer a todos os asistentes o recadado para Médicos Sin Fronteras, aos grupos pola súa actitude (e aptitude) enriba do escenario, e a The Drum House, Yamaha, Adagio, P&G sound-store e Plugin Audio o apoio e entrega na realización do METALCAMP.
Share:

4 de xul. de 2012

Horarios METALCAMP 2012


A continuación detallamos un pouco máis as actividades dentro do METALCAMP.


VENRES
16.30 h - Clinic de batería

a cargo de Dani Pereira onde ilustrará aos asistentes diversas nocións rítmicas e diferencias entre baterías feitas con distintas madeiras.
Dani conta, a pesar da súa idade, cunha longa traxectoria en bandas de diversos estilos, sendo o Hardcore o común denominador de moitas delas.
Cortesía de P&G soundstore, Ddrums e Adagio.

18.00 h - Masterclass de José Rubio

O ex compoñente de Warcry (actualmente en José Rubio´s Nova Era) explicará a súa técnica de guitarra e dará consellos avalados pola súa experiencia nos escenarios de toda a península.
TECNICAS DE GUITARRA METAL:
Púa alterna, legato, bendings e vibratos, sweep picking, string skipping, tapping, armónicos e whammy-bar.

EXERCICIOS DE PERFECCIONAMENTO DA TÉCNICA:
Aumentar a velocidade e precisión, e como organizar horarios de práctica.

OUTROS:
Explicación de escalas pentatónicas (menores, maiores, blues, xaponesas, ademais de explicalas en estilo Shred), modos gregos, arpegios, e configuración do son.

DEMOSTRACIÓN CON PLAY ALONGS.

Coa colaboración de Yamaha. http://www.joserubio.weboficial.com/


20.00 h - Obradoiro de DJing, impartida por Rafael Orge DJ, parándose en explicacións de arranxos de scratching e sampling para orientalo a composicións metal.
Cortesía de P&G soundstore, Native Instruments e Adagio.


SÁBADO

10.00 h - Obradoiro de Luthier de guitarras a cargo de Toxo Luthier. Tras o éxito da anterior convocatoria, volvemos contar con Toxo e a súa experiencia para falar do coidado, posta a punto e customización do instrumento.

10.00 h - Zona 3x3. Como non todo vai ser música, o sábado pola mañá os asistentes poderán soltarse un pouco lanzando á canasta nos exteriores do Coliséum.

Colabora a Concellaría de Deportes.

12.00 h - Obradoiros de informática musical con Jorge Pérez. 

Ferramentas creativas en producción musical
Plataforma Native Instruments Reaktor
Trucos para a implementación electrónica nun grupo de rock

Cortesía de PluginAudio, Native Instruments e Adagio.

16.30 h - Masterclass de Miguel Queixas:

Explicación de cómo conseguir unha composición de percusión máis eficiente, ademais de outros consellos, e demostración das súas habilidades á batería do compoñente de Brothers in Band, Nova Galega de Danza, Banda Crebinsky, e moitos outros proxectos.
Demostracións con Play alongs.

Cortesía de The Drum House e Yamaha. http://www.miguelqueixas.com/

18.30 h - Obradoiro de informática musical con Jorge Pérez.

Electrónica en directo
Native Instruments Maschine e Reaktor
Programación de sets en secuenciador (Cubase) e desarrollo VST
Mestura para son en directo

Cortesía de PluginAudio, Native Instruments e Adagio.

E desde o venres ás 16.00 até o sábado ás 21.00 h* ...

Jam Sessions: Habilitaremos unha das salas de ensaio para que os/as campistas poidan tocar dun xeito distendido ao longo de todo o evento. Só será preciso traer baquetas e guitarras.

Zona Guitar Hero: En colaboración con Movemento Xove.

Lembrade que o prezo por asistir a estas actividades é só de 15 € (se queredes acampar no Coliséum, e dispoñer de pensión completa desde o comezo do mesmo, serían 50 € en total).
Para aqueles que só desexen asistir ás masterclass a realizar na Sala O Túnel,  poderán presentarse na porta 12 do Coliséum desde media hora antes do comezo do evento (2 €).

* Parando para durmir, claro!
Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive