19 de dec. de 2012

Xa temos as invitacións!!

 
Acabamos de recibir os convites que, xunto aos 3 Kg de comida requeridos (legumes, pastas e conservas que serán recollidos na entrada ao recinto) a favor do Banco de Alimentos, daranvos acceso o venres á Sala O Túnel (apertura de portas 18.00 h).

As invitacións poderanse recoller no CMIX do Fórum Metropolitano en horario de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h, e nos propios Locais de Ensaio de 16.00 a 22.00 h., podendo retirar un máximo de 3 por persoa.
Share:

18 de dec. de 2012

Presentación de Cubase 7 + Tremebundos no Ágora


18 persoas ateigaron hoxe á tarde a sala 3 dos Locais de Ensaio para asistir ao Clinic de Cubase 7 impartido coa colaboración de Steinberg e PluginAudio  (moitas grazas, Pedro e Jorge polas vosas explicacións). Poidemos admirar todas as novas ferramentas, que axudan á composición de novas cancións (ainda que non se teñan nocións de linguaxe musical), fan máis intuita a mestura e facilitan a elaboración de remixes, entre outras moitísimas cousas (as case 3 horas e media que durou o evento fixéronse curtas!!).

E cambiando de tema, hoxe á mañá o grupo Tremebundos, quenes abrirán o III Festival En Directo deste venres, participaron no programa "Hoy por hoy" de Radio Coruña - Cadena Ser. Tocaron 2 temas propios en formato acústico e recibiron unha breve entrevista.




Share:

13 de dec. de 2012

III Festival En Directo!!


Hoxe presentouse na Sala O Túnel o III Festival En Directo. Terá lugar o 21 de decembro e contará con 13 dos grupos usuarios dos Locais de Ensaio. No evento, que terá unha duración cercana ás 7 horas, haberá música para todos os gustos: Pop-Rock, Funk, Rock acústico, R&B, Rock alternativo, Blues, Hard-Rock ou Metal.

Para acceder, haberá que retirar a invitación (máximo 3 por persoa) no Centro Municipal de Información Xuvenil do Fórum Metropolitano, ou nos Locais de Ensaio. Avisarase polas redes sociais cando estean dispoñibeis. Ademais, o día do concerto, cada persoa deberá achegar 3 kg de legumes, pastas ou conservas que irán directamente a beneficio do Banco de Alimentos.

Ademais do festival, na presentación aos medios de comunicación, Francisco J. Mourelo (Delegado de Educación, Deportes e Xuventude do Concello), introduciu a nova campaña de visibilización dos Locais de Ensaio que ten por obxectivo que a xuventude da cidade coñeza as nosas actividades.




Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive