18/06/2015

Obradoiro de técnica vocal moderna, con Carmen Rey


Abrese o prazo de inscrición para o obradoiro de técnica vocal moderna. Profundizarase na importancia dos estiramentes, da respiración, dos exercicios de afinación e vocalización, ... ademais da improvisación. O obxectivo é que os asistentes melloren a súa técnica vocal, evitar lesións, e coñecerse o rango vocal. Cada alumn@ preparará ao longo do curso 2 cancións, e facilitaranse uns exercicios prácticos para facer na casa ou no ensaio.

Esta acción formativa consta de 9 horas, e terá lugar na Sala 2 dos Locais de Ensaio, en horario de 11.00 a 14.00 h, os martes 30 de xuño, e o 7 e máis o 21 de xullo.

Como fai xa 4 anos, contamos con Carmen Rey para impartila. Para os que non a coñezades, é mestra de canto, e compoñente de varios proxectos musicais, entre os que destacamos Carmen Rey Grupo, onde se xunta con musicazos da talla de Miguel Cabana, Tito Calviño, Rubén Apratto e Sergio Delgado, ou Sisters in the House, coro de música negra ao cal dirixe, integrado exclusivamente por mulleres, e que actualmente compite no programa Oh Happy Day da TVG.

Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que tes á túa dereita, un e-mail de resposta informarache da túa situación, xa que teñen preferencia @s usuari@s dos Locais de Ensaio, e despois os menores de 30. O prazo de inscrición rematará o venres 26 de xuño ás 21.00 h, e para que @s asistentes consigan sacarlle o mellor rendemento, o obradoiro está limitado a 8 prazas.
Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive