09/12/2015

Masterclass de guitarra eléctrica con Alberto Cereijo


Nos Locais de Ensaio imos rematar o 2015 por todo o alto. Teremos o gusto de recibir a unha das grandes figuras do rock do país, Alberto Cereijo. Inmerso actualmente na xira de despedida de Los Suaves, "La música termina", poderedes desfrutar do seu talento durante as, aproximadamente, 4 horas de explicacións sobre o seu xeito de entender o instrumento e a música.

O evento terá lugar o martes 22 de decembro, a partires das 16.00 h. Para asistir, unicamente deberedes inscribirvos na aplicación "inscrición nos obradoiros" que atoparedes á vosa dereita. O prazo de inscrición rematará o venres 18 ás 20.00 h, momento a partir do que confirmaremos asistencia. As prazas son limitadas ao aforo do Salón de Actos do Centro Cívico Municipal dos Mallos, tendo preferencia os usuarios e as usuarias actuais dos Locais, e seguidamente os/as menores de 30 anos. Porén, de non cubrirse todas as prazas, podería asistir calquer cidadán.
Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive