11 de xan. de 2017

Festival Solidario Coruña En Directo XI


O venres 20 temos unha nova cita onde a música e a solidariedade van da man. Serán 8 os grupos usuarios dos Locais de Ensaio participantes no evento; primeiro, tocarán os grupos con instrumentos acústicos, ou cuxa música contén máis matices: Pleasure, Reminders, Sala 5 e Proyecto Moucho. Logo será a quenda dos grupos que precisan un punto máis de distorsión nas súas guitarras: Last Night Promise, JEMP, Ingravity e Harakiri.

Podes recoller as invitacións no Centro Municipal de Información Xuvenil do Fórum Metropolitano, nos propios Locais, ou no acceso ao auditorio do Centro Ágora o día dos concertos, a partires da apertura de portas (18.30 h). Para o acceso, ademais, pídese a doazón de (alo menos) 3 Kg/l de alimentos non perecedeiros a favor da Cociña Económica, preferentemente: macarróns, zume (en brick), conservas, café molido natural, embutido envasado (en barra), caldo de polo (en brick), azucre, sal, e/ou vinagre. Para quen o prefira, a ONG alerta tamén das súas necesidades en: produtos infantís (toalliñas, leite de continuación nº2, cueiros tallas 4 e 5, ou tarriños), e produtos de hixiene (champú, xel de baño, xel ou escuma de afeitar, maquiniñas dun so uso, desodorizante en spray).

Como gran novidade, nesta edición Intermon-Oxfam habilitará unha barra solidaria con produtos de comercio xusto.

Poderás seguir todas as novidades do evento nas nosas redes sociais, co Hashtag #EnDirectoXI

En resumo, serán máis de 5 horas de música onde poder descubrir novos proxectos, ademais de contribuir con 2 causas solidarias.



Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive