NÓS



Os locais de ensaio do Concello da Coruña, ubicados nos baixos do Coliséum, contiguos á Sala O Túnel, son un servizo de balde dirixido á mocidade da nosa cidade para que teña espazos axeitados onde expresar a súa creatividade e as súas inquedanzas musicais.


PERSOAS DESTINATARIAS

Músicos noveis, tanto en grupo como individualmente, que cumplan 2 requisitos:

- Alo menos, a metade dos/as integrantes do grupo sexan menores de 30 anos.

- Alo menos, a metade dos/as integrantes estean empadroados no Concello da Coruña, ou ben cursando estudos actualmente nun centro educativo da cidade.

HORARIOS DE APERTURA

Os Locais de Ensaio permanecen abertos os 12 meses do ano, os sete días da semana (agás festivos, e días nos que a ocupación do Coliséum non o permitan).


CONDICIÓNS DO PROGRAMA

Este espazo para a mocidade está integrado por:

- Tres locais de ensaio equipados con backline (batería, amplificador de baixo, amplificador de guitarra, equipo de micros...)
- Unha sala de control con capacidade para gravar maquetas.
- Un técnico con coñecementos de son e sóftware informático especializado para realizar tarefas técnicas nas gravacións.
- Unha persoa con coñecementos audiovisuais.


HORARIO

O horario de apertura dos Locais de Ensaio é o que sigue:
Os luns e os mércores, de 16.00 a 22.00 horas
De xoves a domingo, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 22.00 horas
(Os martes están reservados para sesións de gravación)


OFRECEMOS

3 horas a semana de ensaio
Festivais Solidarios En Directo
Accións formativas
Estudio de gravación e equipo audiovisual
Asesoramento, tanto para o proxecto musical como para a imaxe do grupo e xestión de redes sociais


CUSTO


De balde


CONTACTO

Coordinación dos Locais de Ensaio
locaisdensaio@gmail.com

Dept. Audiovisual dos Locais de Ensaio
locaisdensaiocoliseum@gmail.com




Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive